Caderno de apuntes de PepeR

A TODOS AQUELES E AQUELAS DESAPARECIDOS E DESAPARECIDAS QUE, INCOMPRENSIBLEMENTE, DESAPARECERON.

Posted on: 06/09/2010

Roubáronme   a liberdade persoal,

O mundo ao que pertencía até o de agora,

Roubáronme o sorriso aberto  e perfecto

E coma se nada fora, nen o día luminoso

Mais ben fixéronme en noite pecha,

Tebra, cor negra do desasosego

E agora non sou  eu nen a miña sombra habitada

Son perda ou desaparición, fantasma ausente ,

Froita da tolemia ou  a maldade  humana

O tolo está    ceibo e a liberdade   está secuestrada

O pranto aceso a dor tremenda, a ferida aberta e sandando

Atravesa as fibras máis sensibles do ser  humano,

Daste de conta da sen razón, do mundo cruel

Da brutal violenza do ser humano, besta  diabólica

Cumpre coa súa laboura de vivir, nun suposto sosego

Vivir en paz, afastada da insensatez e do marmurio dos tolos

E nun mundo esperanzador,

Mais a sen razón, a tolemia vil

Faise cargo de por as frores do xardín murchias

Arrincarlles a belleza sublime que lles ocupa

A cor das flores polícromas é decadente e tremenda

O caravel e rosa  e sanda

Existe unha flor descorida e concreta vestida de negro de morto

Cando a vida enteira debería ser vida acesa

E sorriso aberto, volcán aberto ao mundo da ledicia

Despóis de todo o día fíxose  noite   

E a noite foi a mesma, noite triste

A traición a vida vivida, allea,

A un usurpador de vidas vivas

A conversión, de momento,

En non se sabe que,

Mais non está no espazo visible

E, as veces, pregúntaste

Onde están as vidas roubadas,

Onde están os que xa non están

E deberían estar ocupando o seu lugar na vida

Viñeron chorando ao mundo comenzo

Mais arrincárannos das vidas, tamén chorando

A golpes da dor forzosa, de pranto extenso

De queixume constante,

Pranto de vida constante,

Constante de pranto constante,

Devólveme a vida enteira

De comezo a fin con pranto e delicias,

Arrincador   de ledicias puras,

Habitantes do sorriso e do desenfado,

Fillas da vida en vida de felicidad  

Dádeme o ar para respirar

Darme a vida que arrincáchede,

Eu quixera ser, tamén,

Unha fonte continua de sorriso.

Miguel   Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: