Caderno de apuntes de PepeR

A NOITE ESQUENCIDA

Posted on: 14/07/2010

                                         I

Proxectos inacabados, pedazos vitais mortos da esperanza 

Esperanza, eu tiña de subirme aos cabalos ceibos do vento Norte,

Norte concreto e fixo que dirixías un punto exacto onde eu quería ficar.

Fiquei a medio camiño, aboiado como un círculo de cortiza castaña escura no medio de mar,

Mar dun refuxio que un día perdín, por ir na busca do absurdo e o insensato,

Insensato eu, que fiquei na calma chicha dun día parvo de verán estúpido,

Estúpido nevegante extravagante, que polas noites non divisaba as cores dos faros,

Faros, que, para min, de nada servían. Navegaba senlleiro e perversamente

Perseverante excluía compaña na solitaria singladura,

Singladura que comezaba no preciso instante e nunca remataba,

Remataba cando o tempo navegado facía unha estatua inútil de perdido tempo.

Tempo para construir a filosofía do desasosego e o misterio do irrazoable,

Irrazoable era  crear unha conta de números  inexistente,

Inexistente era a dor insoportable do meu cor dañado e perverso.

Perverso era o capitán do cápitan o director da nave senlleira.

Senlleira estaba  a Illa dos Esquenzos e a Illa dos Esquencidos

Esquencidos habitaban os habitantes particulares,

Particulares moradores do Arquipélago  das Illas dos Esquecementos,

Esquecementos casuais ou apartamento absoluto do Mundo Civilizado,

Civilizado non sei se é vivir nunha Xungla do Asfalto

Asfalto non sei se é a cor negra, que lémbrame á obsuridade,

Obscuridade onde nada miro, mais falan en lingoaxe negra,

Negra a vestimenta triste, negra a derradeira palabra carente de amor,

Amor que non nunca elude o verbo amar, porque quéroche, porque ámchoce,

Amoche  na túa comprensión completa ao siginificado do verbo,

Verbo que adoro no máis íntegro para adorarche un cachico máis,

Máis que eu dareiche o meu esforzo; dareiche,

Dareiche o meu ser interno o meu corpo enteiro, o Norte, o Sur o Leste e O Oeste,

O Oeste por ónde o Sol Vermellón agáchase sen presa pero e sen pausa,

Pausa fermosa dun posta de Sol Enteiro que vai minguando, pouco a pouco

Pouco a pouco, a lus desaperece, a noite vai achegándose docemente,

Docemento o ceu énchese de estreliñas brillantes e cintileantes.

                                     II

Comeza a noite enteira, ausencia da lus sobrante,

Somentes a lus necesaria para mirar o espectáculo

Da bóveda celeste. No ceo as estrelas brillantes

Son coma pequenas illas que cobren o espazo no infinito.

Pasa unha cometa fermosa cunha longa cola,

O ceo faise mas fermoso aínda, máis achegado á beleza

E un fermosa noite de verán no que no ceo habitan luces

Claras nun fondo azulado. Observo e derivo a vista

A unha lúa fermosa de verán semi quente. O vento escoitase

Lene e sufla no mínimo, as veces, namentras no mar tranquilo

Unhas ondiñas pequeniñas paseánse  sobre a superficie do mar,

Coma se foran persoas que camiñan cós zapatos na man,

Entre mar e o ceo, o ar enteiro ocupa un espazo incalculable

Amplitude máxima, cabida total e absoluta. O ar vóa no vento

E o vento pérdese no ar invisible. Un ton vermellóm polo Oeste

Lémbranos a derradeira posta de Sol, o bico dado no pequeno poio de pedra,

Un momento semi ausente, un querer decirche, quéroche

Coa lingoaxe perfecta dos nosos bicos doces. Lento, todo e soave

Un achegamento indudable cando a noite quere abrir os seus escuros ollos,

E voltamos a mirar atónitos  o espectáculo celeste da noita das estreliñas brillantes.

Fíxose ausente a dozura da túa faciana, para min, perfecta, como non,

Abro a miña boca pequena e collo ae limpo do lugar marítimo

E dígome, estou aquí, conela, e cando unhas bágoas de ledicia

Cáenme dos ollos perdidos nun pranto absurdo. Estou aquí, conela.

Unha quietude suma invádeme, coma si estivera ausente do lugar.

Un pensamento rápido e doroso pasou polo meu maxín intranquilo.

Fora como unha dor de testa rápido e instantáneo. Unha perda de tempo.

Palabras sobre palabras, palabras para vivir  e palabras para soñar.

Un vello espabilado dixérame un día: non soñes desperto, meu fillo!

A lúa fermosa en coarto crecente, asomouse a festa nocturna,

A lúa feiticeira, máxima, candil grande da noite enteira. Lus nocturna ao fresco,

Tempo vivo para sentir a vida constantente,  sen ser un ser ausente

Da ledicia e da noite iluminada cós fenómenos naturais, artiluxios perfectos

Que do ceo penden, facendo da bóveda celeste unha campo fermoso

De luceiros inermitantes.Farois nocturnos. Espectáculo nocturno, cintileo, astros lonxanos

Planetas pendurados por fíos invisibles de cor negra constante.

E o noite completa na que non estóu  e habito

Non é un delirio máis un soño solemne.

E a noite verdadeira na que agora habito.

Miguel  Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: