O PARTIDO EN DURVAN
Posted 07/07/2010
on:A estructura e o campo de fútbol da cidade sudafricá de Durvan,
Non deixaba de ser unha perfecta obra vangardista
Da aquitectura mundial , comtenporánea e deportivo.
Nas bancadas cidadáns alemáns e de España
E outros países diversos, formaban un perfecto mundo colorista.
Reina atenta á lembranza gráficaea memoria fotográfica,
De amarelos e vermellos, negros, amarelos e máis cores espallados Ao longo de todo o graderío ocupados por habitantes deste fermoso Planeta Azul que, as veces, que maltratemos polo exceso,
Pola brutalidade ou pola industrialización desconsiderada.
Cores doutros paises diferentes formanda unha compacta masa Humana xunguidos polo espectáculo deportivo.
Aos bordes do campo verde, fermoso e centro de espectáculo único
Os inconfundibles contundentes sons das bubucelas
Intentaban aledar o ambente ante un son alto e agudo,
Que quería estourar nun bullicioso son de ledicias sudafricás,
Centro do estadio futbolístico; comeza a loita, o esforzo, o uso
Da intelixencia, a picaresca, a rapidez, o depiste do contrario,
A trampa feita con disimulo, o falso penalti, a caída teatral,
Tan de moda, o tirarse ao chan de plano no verde campo,
A dor falsa e a dor incrementa a capacidade de resistencia,
A velocidade intensa, o testarazo perfecto o gol expléndido
Cumio da máis alta ledicia e foso da máis ampra tristura.
O árbrito que incomprensible pita o que non debe
Neste perfecto xogo, as mans a testa. como sinal sorpresiva
Os xestos deportivos ou os excesos na palabra ou no xesto indebido.
Desenrrolábase a técnica perfecta do xogo axeitado. Un conxunto
Na eficacia continúa, de pases longos, calculados e perfectos. O perfecto xeito real conseguido polo esforzo
Dos poucos anos cumplidos dos xogadores. O mirar
A complicidade perfecta do equipo. Xogar nun equipo
Homoxéneo, no que as xogadas egoísticas, quedaban
Ao marxe do esquema prefixado. A ansia de superación constante.
Xogo de pases dun xogador a outro, a técnica perfecta
Consiste en darse de conta que todos sirven para un fin concreto.
Non hai lugar ao lucimento presoal, ao decer eu sou a estrela brillante
E ti a noite pecha que non medra na escuridae perdida. Non. Así non.
Todo polo esforzo perfecto de correr e pasar un esfera branca,
Xogar, deportivamente, crear perfecto, tantear
E subir o marcador a un, un exacto que eleva ao equipo
A victoria merecida. O Estadio de Durvan convírtese nunha festa
Un xúbilo constante, que érguese a límites insospeitados
O sentimento do que gañase a pulso, pase a pase, esforzo a esforzo
España enteiro en pouco tempo convírtese nunha festa constante.
Agora fica o interrogante do domingo próximo
A laranza mecánica, ou a camiseta vermella?
Miguel Dubois
Deixar unha resposta