NA MEMORIA DE UXÍO NOVONEYRA, GRAN POETA GALEGO, LETRAS GALEGAS 2010.
Posted 16/05/2010
on:Decir Nonoveyra e por as Letras Galegas
No mundo reinvicativo au na denuncia
Daquelo que resutaba o frecuente exceso.
Decir Novoneyra é leer ledicia escrita
Sobre a Terra do Caurel
Erguerse ao mundo da beleza
Natureza pura, sosego aberto ao ceo do Caurel,
Decir Novoneyra e leer e amor ou erotismo,
Preñar o senso de amar, tan vital coma nencesario
Decir novoneyra é
Condear a guerra do Vietnam,
Ou a brutalidade das bombas asasinas
Do napalm mortífero
Queimador absoluto de seres iñocentes
Decir Novoneyra é
Ensalzar a Terra Galega, amada terra nosa
Decir Novoneyra
E condear á dictadura do mal e o abuso
Fonte de sufrimento e escasez total de todo
Decir Novoneyra é
E ensalzar as Terras do Courel,
Regato lento, acougo para a fonda paz,
Rechouchío dun paxaro diminuto e fermoso
Xamáis esquencer a María Mariño,
Decir Novoneyra é
E recitar a forza poética en tono grave e xesto solenme
Decir Novoneyra é
Buscar libros dabondo na Biblioteca Nacional de Madrid
Perdido antre numerosos autores europeos e do mundo enteiro
Decir Novoneira é
Ascender ao cumio da beleza e da creación sublime.
Decir Novoyra é:
Decir lingua fermosa vilipendiada agora, mágoa perversa e terra querida
Quer decer,fonda natureza, beleza pura, Caurel e Caurel
Castiñeiros, bidueros, verdes campos
Cumio da beleza habitada, sensación pacífica
Quietude de Parada de Moreda, armonía
Encontro con il mesmo e sosego dabondo
Na vida plácida do Caurel, Caurel e Caurel.
E decer Monforme de Lemos, Manuel María
Ou Lugo do bachalerato
E decer Antón Avilés, poesía deliciosa
Das Terras de Noia aos Cantos Araucanos
Nametras o pailote de Manoel Antonio
Surcaba os mares enteiros
De Catro a Catro, horas de garda do piloto de Rianxo
Galicia emigrante, e abandoada no fondro do esquenzo
Tí, tamén, X. L. Méndez Ferrín,
Meu querido e tenro profesor agarimoso,
Amigo de meu benquerido Manuel Lueiro Rey,
Manolo amigo de Arturo Cuadrado Moure,
Ambolos dous meus queridos profesores
De poesía galega, amigos,
Antón Tovar, Berdanido Graña, Manuel Cuñá Novás,
Darío Xohán Cabana, Rafael Alberti, Lorenzo Varela,
Indio Juan, todos xuntos no ano de mil novecentos
E setenta e nove, acto liderado por Manolo Lueiro,
Meu pai, meu amigo, meu escoitador paciente
Namentras a vida daqueles días eran
Fermosas curtas viaxes dende o Grove atá Cambados
Onde habitata daquela Antón Chaves,
Habitantes do Cinema o Marino, O Grove,
Cando Alberti decidiu entrar en Granada,
Pola memoria de Federico García Lorca.
Todos fomos claras testemuñas, abofé,
Que Rafael decidiu entrar na cidade máxica granadina
Decir Ferrín é contarvos
Historias deliciosas no Instituto vigués de Santa Irene,
E decir calor humano, cariño e humanidade
As Travesas de Vigo
Xosé Luís, coa túa fortaleza, característica e única
Deche un gran pulo ao Universo Novoneyra.
Arrabaldo do Norte fai hestoria con X. L.
Iádes todos , X. L. ao madrileño café Xixón
Fumavades pitos dabondo, cinseiro cheo, cinsa gris,
Chamineas humanas e fume espacial
Saíndo das volcánicas bocas sabias
Botafuemeiros constantes,
Enguliades cafés inacables negros
Ou cervexas carregadas do forza e ilusión.
Carlos Oroza, Bernardiño Graña,
Bautista Alvarez, Ramón Lourenzo,
Tino Grañido, Herminio Barreiro
E aquel mundo literario e reivindicativo
E vangardista, perfectos artistas galegos
Facía máis grande e representativa
A calidade da literatura e da pintura galega,
Emerxía Galicia no eido da escritura e da pintura.
E ti Uxío, erguías o prestixio da lingua e a literatura galegas.
A túa voz potente e teu sentido reivindicativo
E teu canto de denuncia eran un altofalante potente
Que atravesaba as Terras de España
E a nosa amada Galicia, lugar lindo
E no teu tempo esquencido e pobre.
Os campos ficaron valeiros,
E os emigrantes foron habitantes foráneos
D paises afastados, para nós naqueles tempos do esquezo.
Agricultura da soidade, campos abandoadas,
Sacrificios no estranxeiro e Galicia, coma, sempre, sacrificada.
Pero a túa voz inequívoca é unha fonte de denuncia contante,
Pides pola liberdade arrincada.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta