HÁBITO OU DEFORMACIÓN
Posted 06/05/2010
on:A palabra aberta para amarte fondamente,
Perdido na insistencia fonda e amarosa
E cando de ti me afasto invádeme un frío mortífero
Meu amor, canto che quero ,dous mundos xungidos nun só.
Quérecho, sempre, bico aceso, feble presión doce,
Desfacer é o meu manto frío de neve branca e extensa
E unha longa tarefa da calor constante
Avantan os días senlleiros e avanta a amada vida
Que a faciana noon me dá atá o de agora, por sorte
Namentras a soidade é un desamor constante é unha illa senlleira,
Un deserto de amor continuo, un ser asoballado polo silencio
A banalidade é común é importante, desgracia, as veces,
E o importante é banal, un monumento adsurdo á aparencia.
A miña vida enteira son feitos banales, per si mesmos, abofé.
Son importantes para min , porque son sinxelos e dimininutos.
No son trampas baixas e indiferentes que tan de míudo acontecen
Asumo o poder do sencillo e daquelo que me resulta efímero.
Sintome ben cando non me decoro con absurdos obxetos.
Porque, de feito, quero agachar algo que non gusta
Ao Mundo Alleo, que penso que me xulga pola apariecia visual
E neste intre perfecto síntome eu mesmo sen engadidos.
Que maior ben que seres ti mesmo, sen roubarlle nada a ninguén.
Nen a mirada absurda ou fala prepotente, a que insulta,
Son o que me pertence, a ledicia pasaxira ou a dor ferinte,
Pero todos e todas somos máis ou menos igoales
Simplemente temos unha xenética diferente,
Diferntes posicións ante o Mundo Exterior,
Mais debido á Mundo Tolerante,
Acadamos un sociedade máis solidaria e plural.
Que nos fai ser, ó mesmo tempo seres singulares dentro do Mundo
Colectivoonde todos somos algo, unha aperta ou un bico
De que modo absurdo fanse válidos os prexuizos inxustos
Ou que é un de nós para condear o que non se debe condear.
Que establece os parámetoos da verdade ou da mentira
Hai quen se chama importante de palabra e feito,
Un espinoso xogo de palabras absurdas, que nada significan
No seu propio senso concreto; a carencia do fondo interno
Unha palabra deserta de significado pleno,
Significa o deserto da palabra, a palabra absurda.
Que delicia saborear un mundo pleno de belleza,
Cal é o discurso da auténtica palabra, a que obriga a loitar,
Sen baixar a testa e afrontar valentemento a vida cotiá
Nos días da vida, para ben ou para mal,
Cando dareille as costas ao meu amigo,
Para ser un pertencedor ao Club dos Hipócritas,
E cantas mentiras grandes quedaranme por pronuciar
Para pertencer ao Clube dos Desertoras da Mentira Plena
E que palabra ten o inmenso senso da verdade íntegra.
As pantallas diversas acéndese, desvanecendo pensamentos
Con motivo de mentir, enganar e crear o absurdo consumista,
Ou acadar o Mundo do Imposiblidade o soño ficticio,
Un faro absoleto que xamáis deixa mirar a lus acesa
Estou contento porque contigo estou contento
Ao teu carón todo resúltame doado.
Alvisco cáseque un perfecto mundo colorido
A túa rente, a túa beira, ao téu carón.
Cando habito a dura soidade, ou lembranzas punzantes,
Habito un silencio escuro mortificante e desalentador
Habito ocupando un lugar mínino; habito en min
Sen habitar o meu interior, agora valeiro,
Habitante senlleiro da miña soidade aberta.
As estrelas do ceu aberto, bóveda noctura perfecta,
E de noito e estóu somentes conmigo
Lendo un libro azul e groso
Ou escrebendo os derradeiros versos da xornada.
Sinto o poder da soidade extrema, o fin da campaña
Cando constrúo un pequeno mundo cheo de sentimentos vivos
De palabras mesturados e con sentido, penso eu,
Que relatan as miñas vivencias máis íntimas
Ou a derraderadeira maldición feita ou recibiba.
Que condénanos a vivir a fivrolidade perversa
E a constante mentira que forma parte
Do discurso político, carente de forza e brío
Mundos de palabras e palabras, falsas verdades
Ou máximas hoquedades ou totales carencias
Que forman oracións abstractas e indefinidas
E falsos monumentos a palabra tresxiversada.
Un decorado discursivo con nulidade de fondo.
As veces, pregúntase un, no medio de se mesmo que delito cometido
E unha nova forma de legalidade por convenienza.
Non se recoñece a verba verdade. Dóe o Mundo Real,
Agáchase o delito que xa se coñece
E o poder política fica a beira do absurdo,
Cando o vivir cotiá podería ser normal e doado,
Sempre aparece o elemento distorsionante,
Que non pode deixar de facer barullo constante
Porque os acontecentos non saen ao seu xeito.
De que xeito débese recoñecer o erro estrepitoso,
Porque teño que negar o meu engaño universal,
Porque non acéptasese á mentira polo seu nome.
O Mundo é unha Complexa Paradoxa.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta