PRIMA
Posted 16/04/2010
on:PRIMA
Pontevedra, ao 16 de de abril de 2010.
Vivir vivindo e sintindo que vivo vivindo, querida vida viva.
Vivo respirando o ar que, día a día, coido con agarimo e contento.
Escrebo, os versos amados, a palabra chámame, constantemente,
Chámame a escreber, desafogándome, palabra de escape continuo.
Son un cantor pequeno, sinxelo e homilde. Flor pequena,
Primavera querida, flor aberta ao Sol quente e fermoso.
Canto a un bico quente e delicioso, froita da pasión chamada.
Canto aos sentimentos sinceiros, aquelo que me chama de cotío.
Canto a beleza constante ou pasaxeira, ave de paso, cantiga linda.
Canto porque é preciso que se escoite a voz tranquila, a suavidade lenta.
Vive, nos cumios das verbas pronunciadas ao longa da vida enteira.
Canto a lus penetrante ao canto da claridade fonda,
Non podo mirar na palabra escura, en onde non hai vida real.
Érgome nas delicias encantadas de risas e felicidades,
Onde uso a faciana sorinte, reflexo do meu interior.
Que maior desventura que non aceptar a derrota fatal.
Perdín a liorta absurda mais gañei a integridade e a fortaleza.
Que soriso abrangue a miña expresión facial,felicidade extrema,
Cando supero o sacrificio, asumo a proba que hoxe a vida presentóume.
Vou andando na vida con paso seguro, sereo e sen medo.
Asumo o que me toca correspondentemente,
Aventura vital vivo, suma de aventuras totais e escoito ledo o corazón,
Aberto o canto matutino do páxaro ceibo. Non ao paxaro preso,
Privado da súa liberdade, correspondente no cárcere de absurdas
Gaiolas, azas plegadas, rechouchío dun paxaro preso.
II
O son enteiro da Mae Natureza é o canto da ledicia suprema.
Mundos da Mae Natureza, xunguídevos.
Escoito as ondas do mar, cando morren na orela da branca praia.
Escoito os berros de meniños e maniñas, xogando a ser algo.
Disfruto das preguntas valeiras de maldade, inocentes preguntas.
Disfruto do mundo máxico que constrúen os meniños.
Disfruto da beleza da Ría de Pontevedra, dos barcos achegados.
Difruto da cor escuro das bateas, dos barcos afastados,
Disfruto da Illa de Ons, deitada que a Ría pecha, deixando,
Canles marítimos polo Norte e polo Sur e máis aló o mar aberto
Disfruto da luminosidade intensa, da lus que retira a oscuridade.
Disfruto das veigas verdes, coidadas que esperan o froito desexado.
Disfruto do sentido solidario, da verdade íntegra. Quéreme e eu
Tamén, te quero, perto e no afastamento, nas illas, nos cúmios
Disfruto da forza do traballo, do afán de superación constante.
Disfruto dunha mirada fermosa carregada de sentimento auténtito.
Disfruto de todo aquelo que poda ser certo, exacto e concreto.
Disfruto o sorriso ledo nos beizos alléos un estourido grato.
Disfruto de mirar que podo ser útil e achegarme a un ser que sufre.
Disfruto a beleza das arbres ergueitas, o seu verdor fondo.
Disfruto a beleza das casas fermosas, que podo mirar á rente.
Condeno o ficticio, todo aquelo que non chega ao fondo da cor aberta
Ao mundo auténtico namentras toco a vida enteira coa torpeza
Das miñas mans absurdas e torpes, sentimeto táctil, toco e sinto.
Condeno o abuso, o exceso, todo aquel acto falto de amor íntegro.
Condeno todo o que faga mal ao mundo alléo e a min mesmo.
Condeno a falsedade, o exceso de poder e a mentira.
Somos o que merecemos ser e seremos o resultado do que somos.
Somos un número pequeno antre moitos números.
Somos seres que se moven por diferentes lugares do Planeta Azul.
Somos día enteiro cando queremos é noite pecha,
Cando o merecemos,
Somos unha cantidade de tempo definido. Un número variante
Aumentativo, o paso do tempo imparable
Somos un libro aberto e inacabado. En que páxina rematará?
Estamos abertos enteiros ao amor aberto, ao bico famento.
Desexo, tanto amor,
Estamos namorados de quen queremos querere ou,
Verdadeiramente, queremos.
Estamos no comezo dunha aventura da que non sabemos o futuro.
Estamos dentro dun soño fondo no que a dor non existe, as veces.
Estamos na cumio da outa beleza, no extremo do sorriso quente.
Estamos desexando a ledicia que fainos rir.
Estamos nos pequenos momentos, no cumio do importante.
Deixar unha resposta