Caderno de apuntes de PepeR

SENTIRME

Posted on: 11/04/2010

Sentirme detido a túa beira, lento e soave.

Sentirme aventado cós teus cabelos voadores, fíos longos móviles.

Sentirme ceibe coma a ave lenta  que pentea o mar sereo.

Sentirme dono de ninguén, quizáves si, do Vento Norte.

Sentirme aliviado e lento escoitando as túas verbas craras.

Sentirme seguro cando escoito a marmurio fluvial decisivo.

Sentirme aberto ao Mundo Enteiro, Estela Total da Vida.

Sentirme dono das miñas verbas, autor exacto delas: poesía.

Sentirme dono absoluto dos meus actos amorosas necesarios.

Sentirme triste cando o mundo especulativa é certo.

Sentirme dono e compartidor da paisaxe da miña amada terra.

Sentirme coma unha face da lus fonda que penetra e derrama.

Sentirme sen ataduras coma barco navegando polos mares abertos.

Sentirme no interior do meu ser. Son eu un interrogante completo.

Sentirme na derradeira verba pronunciada, verba morte.

Sentirme exacto e inexacto, ser humano vital; home da vida.

Sentirme en cada acto e movemento; ser humano activo.

Sertirme na actividade verbal; palabra pronunciada.

Sentirme no medio da existencia; vitalismo activo.

Sentirme sendo o que eu son: vida en movemento, activo e plural.

Sentirme virtude ou contradicción no discurso da palabra.

Sentirme decisión, ou puramente, inexacto.

Sentirme no decisivo ou na palabra parcial.

Sentirme no mínimo absoluto ou no  máximo íntegro.

Sentirme na cordura vivida ou na tolemia gañada.

Sentirme ou que son sen engadidos  inexactos ou indefinidos.

Sentirme doce como o sucre branco ou castaño

Sentirme na distancia exacta,  punto achegado   a rente toca.

Sentirme  coa lingua afiada, descarga emocional tremenda.

Sentirme perdido no mundo das palabras invitables.

Sentime, a destempo, estación achegada e tren perdido.

Sentirme asulagado  no medio da estancia veleira.

Sentirme valeiro, por dentro e por fóra, apariencia maquillada.

Sentirme dono dos meus actos, dono dos meus movimentos: vida.

Sentirme vivo porque estou eiquí, mirándoche constantemente.

Sentirme forte e valente sen arma algunha: defensa.

Sentirme sensible, tocando faces de ar transparante.

Sentirme, só ou con compaña, aillado ou terra adentra.

Sentirme soterrado pola verbas que medran na estancia aérea.

Sentirme algo más vello, contando longos anos: a vida enteira,

Sentirme vivo porque amo a vida: existencia longa.

                                                  Miguel  Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: