A MIGUEL HERNÁNDEZ POETA DA LUZ LIBRE, ESCRAVO DA INXUSTIZA.
Posted 28/03/2010
on:Pontevedra, ao 28 de marzo de 2010
A MIGUEL HERNÁNDEZ
POETA DA LUZ LIBRE,
ESCRAVO DA INXUSTIZA.
Sufrido pastor de versos e ouvellas,
Cabras libres e vento limpo,
Cabras coidadas e poemas duros,
Coma as pedras duras de Orihuela
En Cox pasou ledos días,
Camiños abertos e limpos por un neno
De ollos claros e abertos a vida.
Luz constante aberta ao Levante.
Traballador escravo do pastoreo,
O gando pasta eu fito a mirada
No ceu pleno de luz aberto,
Atraído polos libros que soios respostaban
Ante ollos interrogantes de Miguel.
De pai duro e tosco e mandato forte,
Enérxico con muller e fillos.
A vida perseguía ao xove Hernández,
A vida perseguíalle polo berro aberto a
Súa fermosa verba liberdade,
Inversión de gaiola,
Apertura dunha cela aberta
Libertade posta en cantiga por,
Xa hai algún tempo,
Aínda que eu non quixera,
Joan Manoel Serrat, grazas a Miguel.
Esa sede de liberdade de fortaleza interior
De valentía suprema, foina a chamar
Ao mundo do preso político derrubado,
Derradeira cela a 1009
Do Reformatorio de Adultos de Alicante,
Detido e maltratado en Portugal,
Escapado de Huelva, denantes,
Roubáronlle a liberdade mínima
Por pedila cantabaa en cada recuncho
De pobos descoñecidos que percorreu
E vilas ateigadas de miseria bélica.
Ningún poeta do mundo enteiro
Xamáis acadará a sensibilidade
De Miguel Hernández,
Porque sabía que era loitar polo feble,
Polo que sufre dabondo e quere ser libre,
Como o vento da tarde serea,
Que con toda a liberdade fonda
Agarima as facianas espidas
De homes e mulleres ceibos.
Miguel Hernández non rematou
De morrer, totalmente,
Deixando por herdanza social
O poder da súa sabedoría.
Porque podemos abrir seus deliciosos
Libros ou acariñar a ledicia de lelos,
Con sumo respecto e disfrute.
.
A lectura daqueles e estos versos brillantes
Carregados de vida, de amor ou cariño.
Aquel poeta posterior á xeración do vinte sete
Según dicíanos Dámaso Alonso,
O mesmo Dámaso que solemnemente,
Introduxo a Delibes na Real Academia Española,
De feito solemne.
Miguel quería ir a Embaixada de Chile en Madrid,
A pedirlle axuda a Pablo Neruda,
Porque o poeta de Orihuela,
Era froito da persecución fraticida.
Miguel non son somentes era amigo
De Ramón Sijé "Elegía"
Tamén foino de Rafael Alberti
Aquel mariñeiro convidado
A vivir en terra seca.
Granada miraba a Orihuela,
E dende Orihuela saía a voz libertaria.
Para atoparse coa de Federico García Lorca.
Choraron os leóns fortes das fontes da Alhambra,
Cando o xove poeta grananido,
Amigo de xitanos e paios,
Foi paseado polo mal e a miseria.
O silenzo é demasiado fondo
No mundo hoco da memoria,
Ter memoria e ser como un buscador
De tempo pretérito desacreditado,
Por mor do exceso brutal.
Ter memoria necesaria
E reinvidicar dereitos fundamentais
De cada ser humano apartado
Da vida de feito traumático,
E por iso reclamo polo dereito excelso e xusto
A recuperación da memoria esquencida.
Como condear a morte tremenda
Por mor da infelicidade absurda,
Dos saqueadores da verdade propia.
Días de dureza e persecución
Na compaña de Josefina Manresa,
Compañeira valente de Miguel.
Foron días de fame forte,
Coas Nanas Cebola espida
E un peito seco, de Josefina
E quizaves, todo era confuso
Menos o froito bendito do teu ventre querido.
Eu, Miguel Hernández, de Orihuela,
Loetéi pola leberdade pura,
Mais pasei a miña vida
Parte da miña existencia inxusta
De cadéa en cadéa.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta