Caderno de apuntes de PepeR

UNHA LONGA VIAXE

Posted on: 17/03/2010

IN  MEMORIAM:

Miguel   Delibes.

            UNHA LONGA VIAXE

Pontevedra, 17/03/2010.

A vida fermosa, a vida dorida,

Que non perdoa a dor ferida sandante

Remata nun segundo de tempo tope e punto.

Os límites do sufriemento criminal e derradeiro

Do estado vital vivido, paz, guerra e amor

Transportámonos de contado

Ao eido da inexistencia, á  a carencia vital,

Ao valeiro ao mundo sen mundo

A vida tan, sumamente, vivida,

Convídanos a un descanso fondo,

Quizáves eterno, chamado Lus da Esperanza.

Saltan  as noticias importantes

E as absurdas banalidades

Que, degrazadamnete  menos importan ou importan,

Sen saber que é o importante e o efímero

Polas radios transmiosoras,

Saen polas novas tecnoloxias dixitalizadas,

Por tódolos os medios da comunicación,

Medios perversos ou deliranres,

Nesa comunicación invasora,

Manipulada, mais  neste caso

A nova no son dous polos opostos,

Polo  Norte pòla testa valeira

Polo Sur polos pes  espidos

A según do suxeito ideolóxico.

A noticia e fría e seca,

Coma o fío dun coitelo afíado

Coma se a neve branca,

Ficárame prendida

Na miña faciana conxelada.

A nova, é que Miguel Delibes,

Non resistíu o derradeiro combate.

Seu corpo cansouse de regular

As constantes vitais súas.

Que tan feliz fixéronno,

Antes de que morrera Ángeles Castro,

Mae de sete fillos e compañeira dil

Toda unha vida chea de enorme

Creazón literario e abundantes vivencias

Achegado  a mae natureza sabía,

Que imos aniquilidando, día a día.

Non bastaron, Cinco horas con Mario,

Nen As ratas, e aquel principalmente,

A sombra do cipres é alongada,

A maravilla dos Santos Iñocentes,

O herexe, novela histórica,

Nos tempos da Inquisición española.

Seguía traballando naquel primeiro

Diario, para el , El Norte de Castilla.

Censurado polo Ministro de Información e Turismo,

Manuel Fraga Iribarne,

Abandoa a dirección do diario vallisoletano,

E á sombra de despachos e rotativas,

Na clandestinidade

Seguirá a laboura directiva

Longas tempadas en Molledo,

Cantabria, rexistro dos primeiros tempos,

Lectura a súa mae e irmá,

O sombra do ciprés é aongada,

A maravilla das dúas mulleres escoitaban,

Con atención suprema e emocianadas

A perfecta creazón do xove Miguel.

Biblioteca ampla na casa de Molledo,

Tempo para debatirse antre lectura e lectura.

De Sedano era  Ángeles,

Súa muller querida e adorada.

Fillos tiveron dabondo,

Os premios e galardóns de Miguel,

Que non foron poucas.

Seu gosto polo vil deporte da caza,

Súa delicia na pesca  troiteira fermosa,

O amor aos pobos rurais,

Súa fonda pena,

Pola desestructuración,

Das familias rurais.

A xente labrega,

Abandóa os  pobos mortos ou semimortos,

As pedras xeádas,

As paredes valeiras,

As portas derrubadas

E achéganse as grandes urbes

De grandes fábricas coma a Renault,

Da cidade de Valladolide.

Pobos de Castela da cor do barro,

Feitos con paredes de adobe pardo

Solitarios pobos castelás,

Con pequenas fiestras semifechadas,

Cortinas baixas e luces decadentes

De plástico coorido eran as pequenas contras,

Lugares esquencidos e desabitados.

Seus estadías na Universidade de Mariland

Como Profesor Visitante na Área de Linguas Foráneas


Seu achegamento a Universidades alemanas

Chile  destino, visión da América latina

Italia e os seus congresos na cidade de Alba,

Praga, chegada  antes da invansión

Dos despiadados blindados

Sume moito o seu currículo amplo

E os Premios Gañados

A súa capacidade escritora,

Mais el  non amosaba fachenda,

E non amaba as medallas que penduraba

Dun peito tapado de roupa  negra de gala

Porque Miguel Delibes,

Era un home homilde,

Ocupaba o lugar que debía que ocupar,

Non estar por enriba de ninguén

Non facía seu o que non lle pertencía.

Ia contruíndo o seu maravilloso mundo literario,

Tan único como el mesmo, tan particular e peculiar

Tan preciso e exacto, tan cargado de humanidade

E ao  vento ceibo, aquel que non volta

As ideas voantes, desprendidas e amantes

Que transmitía en diferentes idiomas.

Soubo ser o que quería ser,

Soubo entregarse a unha pluma de tinta,

Ou a un bolígrafo común

E a un papel branco e  espido.

A escritura non paraba, e palabra a palabra

Oración a oración, capítulo a capítulo

E volume a volume,

Foi creando o Mundo Miguel Delibes.

Non foron somentes as magnificas novelas

Pasadas ao mundo cinematográfico,

Ao a maxia da expresión corporal

Dun actor teatral como Pepe Sacristán,

Ou Lola Herrera, ou Paco Rabal.

Querido Paco Rabal,

Foron os Tratados Cinexéticos,

Foron as súas guías turístiscas,

Seus tratatos de viaxes

Ao o cono sur Sudamericano,

O viaxe a París,

Ou aos Paises Escandinavos

Un mundo pleno de vitalidade,

A maxia do mundo que sabe vivir

Fondamente a vida en pleno movemeto.

Un día da túa fertil vida,

Dámaso Alonso condecorouche

Como menbro da Real Academia da Lingua  Española,

Designándoche o sillón e.

Porque foste un home único, somentes

Fostes o que tiñas que ser: Miguel  Delibes.

                                                Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: