JORDI SOLÉ TURA
Posted 06/12/2009
on:NA MEMORIA de
JORDI SOLÉ TURA
Foron tempos duros tempos,
Inexistente ledicia Cotiá,
Días ásperos e fríos,
Días grisáceos de chumbo gris,
De ordes secas e cortantes,
Sen Primaveras floridas, flores afastadas
Da cor merecida, da felicidade secuestrada,
Dos latexos torpes, coa vixilancia plena.
Jordi naceu en Mollet del Vallés no ano de 1930,
Infanza de tiros e bombas,
Tempo para o combate aberto.
Barcelona anarquista e liberdaria
Jordi era fillo duns modestos panadeiros
Daquela afiliado á Bandeira Vermella,
Fariña branca coma a neve.
Habitante do cárcere frío
Por pensar na liberdade roubada
E na liberación das crases oprimidas
Cría na liberación dos seres oprimidos
Por mor dun Mundo Ceibo,
Que aínda hoxe non existe,
Somentes a apariencia existe,
Sen nada que os fixera render
O creer na liberdade non era delito
Catalunya fabril e un sector proletario
Inmenso acostumado a un salario miserento
Foron tempos duros, Jordi Sole,
Eran tempos aqueles de cantar "Els Segadors"
En lugares ocultos.
Eran os tempos da clandestinidade pura e dura,
Namentras os compoñentes da Nova Canço,
Ensaiaban nos vagóns de tren perdido
Dos ferrocarrís de Catalunya.
Cantas veces querías ser máis veloz có vento
Porque na vosas costas ían gardas vestidos de gris chumbo Cantabas cancións escoitaches de,
Ovidi Montllor, Guillermina Mota,
Pi de La Serra, Lliis Llach, Serrat, María del Mar Bonet,
Raimon; era cando sentías que todo aquel pesadelo real tería Seu fin, para abrires a un Mundo Ceibo,
Ao futuro do noso pobo,
Parado por decreto lei.
Liche os deliciosos libros de Joan Salvat Papasseit,
Ou recitarías os versos de Salvador Espríu,
Para carregarte integramente da beleza interior
A traveso dun poema externo,
Que che daba fozas dabondo
Na túas testa chea de sabedorío.
Marchaste a Capital frencesa, Charles de Gaulle,
No poder e os estudantes rebeldes.
Puxéchedes nervoso a tan importante Xeral,
Da Franza orgullosa, da súa propia Grandeur,
Era aquel maio de 1968, inesquencible,
Aquel maio liberado os estudantes por Vong Dick.
Namentras na sala Olimpia de París,
Cantaban Edith Piaff, George Brassens,
Jacques Brells e tantos outros que construíron
A música francesa e de outro paises.
Tiñas que pasar Polo Olimpia,
Como fíxoo Paco Ibáñez, ou Lluis Llach.
Eran tempos para lembrarnos de Constantino Kavafis, Melina Mercury,Mikis Theodorakis.
Eran tempos de musicar o Canto Xeral de Pablo Neruda.
Tempos para a protesta na contra do abuso,
Pidindo o fin dunha situación tremenda,
Que secuestrara a liberdade enteira do peito valente
Para os Loitadores, para ti,
Jordi, que pedía solidariedade,
E cantabas a Internacional en mítines pretéritos
Ou fins de manifestacións longas,
E namentras cantábala no mundo non había pobres.
Deixache aquela Bandeira Vermella,
E xunguíchede ao socialismo catalanista
.P. S. U. C, a rente con Ramón Obióls.
Choutache a un socialismo máis oficialista.
Construiche con outros a Constitución Española
De mil movecentos setenta e oito.
Estivecehe na cámara Alta en Madrid,
Levache a carteira de Cultura
Negociación co Guernica,
Museo Raiña Sofía,
Negociación con Thyssen.
E o tempo pasa moi depresa e nonos damos de conta,
E un bon día a enfermedade destructora,
Chama a túa porta sólida,
Pero dá o mesmo invade e destrue,
E a vida quítache sen ninguén querelo.
Jordi Solé Tura,
Con todo o meu aprezo,
Vaia para ti esta pequena homaxe escrita.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta