SEN SENTIDO
Posted 02/12/2009
on:Nas Terras de Marín, ao 2 de decembro de 2009.
SEN SENTIDO.
A vida é unha viaxe de ida e volta.
Queimálo tempo,
Ata que non existe nen o espacio vivido.
M. D.
Sento que vou sentindo o que sinto,
Cáseque sen sentir nada.
Mergúllome no mundo das palabras.
Aprendo a perder e a gañar.
Doume de conta que pouco sei,
Cando pensaba saber un anaco doutro anaco.
Non entendín de preto o verdadeiro senso
Da palabra amor. Fun caendo no desamor,
Testemuña de min mesmo.
Creía que a vida era difirente,
Loitaba con forza e coraxe,
E de sócato dabaste de conta,
Que a vida era unha montaxe absurdo,
Un mundo insensible,
Unha máquina de matar,
Una bala asasiña.
Rematada a batalla absurda e paranoica,
Fun na percura de min mesmo,
E díxenme, non máis batallas inútiles,
Menos películas miserentas,
Máis certitude,
Menos rokambole,
Máis a vida ao sento vital puro.
Dinme de conta que todo era
O vivir sen sentido,
O sentido só absurda apariencia,
O desinterés polos seres humanos que sofren dabondo.
Entón pensei coma Thomas Hobbes, que dicía:
O home é malo por natureza.
Eu creía ferventemente en Jean Jacs Rousseau,
O home era bom por natureza.
Dinme de conta que ser manipulado, baticado
E insultado pola palabra venenosa,
Mais non teño medo algún,
Nen as sombras escuras que me segan.
Son amante da valentía,
Porque asumería, a moita honrra,
O mal que me corresponda.
Deixamos de pensares nas cousas máis elemetais
Da vida cotiá. Vendémonos por un ananco de maldad.
Disfrazámonos por un anaco de bondad delirente.
Transformamos os valores humanos máis elementais,
Do ser humano, convidado da mentira constante.
Non aturamos as verbas dos demáis, porque
Non queremos admitir o que somos.
Os poderes mediáticos creénse estar na verdade absoluta
E por se acaso descalifico ao outro medio.
A armonía é un vaso escachado.
O mundo da palabra seréa, convirtíuse
Nun berro insolente e insultante.
Perdimos a nosa identidade.
Xa non sabemos, en realidade,
Quenes somos e que queremos facer.
Fixémonos seres impersoales,
Protitipos aparentes,
Somos víctimas da sociedade mercantil.
Denunciamos a aqueles que non fan o queremos.
Somos víctimas de nós mesmos
Porque xa perdemos a identidade propia.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta