Caderno de apuntes de PepeR

VIGO, PASADO LATENTE

Posted on: 06/07/2009

Pontevedra, ó  6 de xulio de 2009

VIGO, PASADO LATENTE.

                         I

Perdín os derradeiros poemas escritos,

Polos ventos invisibles; voaban as palabras íntegras,

E os versos completos, sosegados e alterados.

Voaron pola forza dun vento desatento con desalatento

Que non dixo en que momento presentaríase,

Un vento forte sen previo aviso

Traizón divisoria da paz roubada.

                              II

A lembranza escrita percorre os espazos aéreos,

Do mundo pasado que eran hestoias enteiras,

Construídas  con paciencia e agarimo.

Aquel tempo pasado habitado por todo  o que foi,

Lembranza, pretérito e que se mira distante no tempo.

                          III

Nacín na Rúa García Barbón número

Do cento vinta e tres, terceiro esquerda,

Un vinta e dóus de xuño de tres anos

Pasados o de mil novecentos cincoenta.

Contárame a miña Querida Mai,

Que facía calor dabondo,

E con a axuda da Tía Branca,

Sain o mundo exterior,

Chorando como todos.

Era aquel Vigo máxico e distante,

O Garaxe Americano, pertiño da casa,

O Calexón do Areal, estreito e pobre.

Moi pertiño máis pola outra banda da rúa,

Mirábase a longa nave da Metalúrxica.

Os bombeiros daquela estaban pertiño

Da nosa casa; o barrio do Cavadelo,

E a súa escalinata subía poderosa

A panadería. Casas populares,

Eran tempos duros cada un arranxaba

A súa casa de xeito máis doado e barato.

A necesidade era poderosa e grande.

As traballoras das Conservas Portanet,

Acudían ao seus  postos de traballo,

Dureza das traballodoras con sublime esforzo incluído.

Pertiño estaba Conservas Curbera,

Súas traballadoras pasaban  a dureza da época miserenta,

Non moi lonxe as Conservas de Antonio Alonso,

Na achegada rúa de Serafín Avendaño.

Coller un taxi negro de raias finas e pequenas

Vermellas e brancas non era doado. Era, en exceso, caro.

Taxis tristes de color triste mouro.

Os tranvías brancos facíán un tremendo barullo,

Os freos eran secos e eficaces

E cando freaba o tranvía  a rúa tremía,

A feito de terremoto expontaneo e pasaxeiro.

Eran aqueles  tempos de ir mirar Ben – Hur ao Cine Teatro

Do García Barbón. Eu un meniño pequecho

Na compaña da miña adorada  nai querida.

Miraba o filme e tiña medo de mirar

A aqueles enfermos  leprosos.,

Que fortemente impresionabánte,

Ateigados de feridas e chagas

Mal filme para min.

Chegóu a noite medrosa,

Na que tiven que soñar coa película mirada,

E de  sócato un berro de medo perverso,

Ateigou a miña boca enteira  e moi aberta.

                       IV

Eran tempos de ler as Fazañas Bélicas,

Con aqueles ianquis que todo gañaban.

O Capitán Trono con máxica espada,

Era como o Príncipe do Ben.

Tin – Tin comezaba  a pasearse

Polas mans de nenos da terra nai,

E aquel cadeliño chanado Milou,

Branco e pequeniño e moi avispado

Era listo dabondo pequeno e xogantín.

Ero o tempo ler a Bandermerch

Corpos e Almas, a tristeza dun enfermo,

Nun sanatorio ateigado de amargura doente.

O tempo pasado fica no mundo pretérito,

Mais co paso do tempo morto,

Veñen, de novo, as lembranzas da maxia pasada.

O vida era  a carencia da safisticación,

Ou a esencia da sastisfacción crebada e estourada.

A frustación constante feita relidade consatnte e demente,

E todo a vida e os instrumentos acadababan

Un sentido práctico total.

Agudizabamos  o inxenio para facer e desfacer,

As cousas máis doadas,

Era como inventar o que non existía.

Usar a imaxinación fructúfera,

Mais, sempre, saliamos para avante,

Coma se fora a buque Santa María,

Dende a Estación  Marítima.

Perto estaba o buque Cableiro,

Chamado  Camberra,

De linda fermosura.

Voltando para á casa miña,

No Clube Naútico puiden ver

Fondeado o buque Xiralda,

De  Don Xoan de Borbón,

Có porto de orixe, Estoril.

Todo parecíame un desorde ordeado,

Namentas un seis centos vermello

Pasaba a toda mecha

Pola fronte do Clube Naútico.

O Faro de Vigo,

Daba noticias,

Ou anacos de noticias,

En forma de orde suprema.

As novas eran grises e sempre

Había momentos para laiarse fondamonte.

E os policías grises tiñan o seu cuartel

Pertiño da Igrexa de Santiago de Vigo.

Todo era gris seus uniformes, seus pensamentos,

Súas ordes e os seus vehículos de igoal feito.

Mulleres maiores saían da igrexa,

Algunhas delas gardaban riguroso loito

Namentras que unha parella de grises,

Facían garda de todo o parque móvil

        V     TEMPOS DE HOXE

A Don Francisco  Ayala.

Decía Francisco Ayala,

Lonxevo de cento tres anos.

Nos tempos de agora,

Decía  o Señor Ayala:

Que paciencia teñen vostedes

Ter  que aguantar a este home vello,

Que traballo lle custa falar,

Que paciencia teñen vostedes,

De aturar a este home que cáseque

Non sabe nen andar.

Xa non fago  o esforzo de pensar,

Xa é demasiado dificil.

Dito por é o día e de agosto

Do astronómico e outísimo

Ano de dous mil nove.

                              VI

A vida era como un compoñente xordo,

Que rara vez mirábase alterado.

Os coche elegantes por algo decer

Era escuros e non existían as cores ledas.

A muller sometíase ao que o seu home gañador

Do salario  pequecho, decía.

O machismo era un feito evidente,

E o femenismo estaba prohibido.

Todo suxeito ao recatado

A palabras valeiras que nadan decían,

Namentras nós ibamos medrando

Dentro da disciplina rexia

Mandaba sen ser escándalo público,

Cando somentes eramos nenos e nenas

Que queriamos berrar liberdade,

Mais a liberdade estaba presa nas celas,

Indiferente e sen presa cóas cadeas postas.

De cando en vez viña a Vigo,

Un primo estranxeiro que mirabao con admiración

Estrañábase el  do noso feito  de vivir,

De non falar dunha política libre,

E ler un diarios  grises e negros.

Quixeras rir e rias de xeito absurdo,

Por vivir nun pais senlleiro,

Alonxado de ideas avanzados,

Ancorado en ideas dirixistas,

Por mentes dictadoras.

Todo era como un electroencefalograma plano.

Era como vivir pechado, preso da prohibición.

Coma un pano estirado na boca pechada

Non había máis autoridade que o mandato puro.

O meu pensamento era un cumio triste.

Na vida cotiá había que vivir

O mandato político e relixioso

Que facían do noso país,

Un lugar triste e inxusto.

Relixión e política única

Resolvían todos oa males habidos

Nesta terra abandoada de Europa.

Namentras outras camaradas

Reuniánse na máis pura clandestinidade posible.

Na Rúa Reconquista número 1, entrechán

Loitaba a Editorial Galaxia,

Contra vento e maré en prol da lingua galega,

E seus fantásticos escritores,

Creadores da máxica literatura galega.

No Instituto Santa Irene, As Travesas,

Noso querido X. L. Méndez Ferrín,

Agarimaba nosos ouvidos  adolescentes,

Ficando aquelas clases no máis deliciosa lembranza.

Iamos construíndo as nosas vidas, aínda curtas.

Naquelas benqueridas Travesas estaba

O de aquela chamado Instituto Femenino.

No eran tempos coeducativos,

E xuntos e xuntas mirabámonos todos  e todos,

No recreo e  aproveitabamos para xogar

Un bocadiño ás manciñas  ou un bico dado

En sumo complicidade pública.

Un sorriso lento e un pechar de ollos delicado.

Conchita, miña benquerida amiga,

Ánxeles e Cristina, todos tomando

Un cafe desafeinado con espuma

Na cafetería da Granxa, nas mesmas Travesas.

Pertiño na Rúa Gonzalez Sierra vivía,

Mercedes a noiva e despóis muller,

Do meu irmán. Tempos de Merce e Gonzalo,

Meu querido irmanciño, vividor de lúas brancas

Cantas veces o tres xuntos saiamos daquela,

Cando as cassettes saían ao mercado,

E eu convosco ia as fermosos lugares

Que me levadabes, ou a ese magnífico Canido,

A beira do mar antre un sol de verán carregado de lus,

Ou nun inverno grisáceo a beiriña da Illa de Toralla,

Cando non había nen ponte nen torre.

Dabádemes o agarimo que eu necesita,

A calor que me faltara.

De cando en vez salía a mirar se sorte.

Eu tivera no mundo do amor, nos seus comezos.

Habitábame unha certa tristura concreta,

Pero atopei os teus beizos a bicar, sen presa

Fun descubrindo os segredos máis íntimos de ti,

E dinme de conta que o Mundo era distinto,

Coa túa estadía a miña beira fría.

Iamos os dous aos Cinemas de pantalla grande,

Ao Rosalía de Castro,

Ao Tamberlick,

Ao Odeón

E en contadas ocasíóns ao cine Fraga,

Ou ao Cine Vigo.

As sás estában ateigadas de público,

Antre as novidades de Hollywood,

O cinema italiano, francés

Ou filmes de Ingmar  Bergman,

Poño por caso Persóa.

Subimos  a pandilla todos e todas xuntos e xentas,

Ao Monde da Madroa,

E mirar a belleza da cidade diante a beleza,

Dunha maneira xuvenil e desenfadado,

Cun gozo e ledicia intensa,

Disfrutando da Natureza fermosa.

Soubemos apreciar a belleza da Ría de Vigo,

As Illas Cíes xurdían dereitas no fondo do solpor

E as parroquiás dispersas por Cabral

Ou Valadares,

E Puxeiros, xa Mós,  ou o Meixueiro.

Un vento lene movía lentamente,

As follas coridas das arbres,

Namentras apreciabamos a beleza móvil

E a quietude do intre máxico.

O xúbilo do monte xa baixado

E saiamos pertiño das Escolas de San Ignacio,

Lugar de ensino para fillos dos traballadores,

Non moi lonxe do Barrio da s Frores,

Non moi lonxe  daquela fábrica extraña

Do osíxeno, perto to Clube de Campo,

Lugar non permitido a todos,

Certa etiqueta de socio particular,

Debería cobrir ao socio sinalado

E pertiño onde vivían meus tíos queridos

E os meu queridiños primos.

Na baixada o gozo era seguido dunha risa tonta,

Dun comportamento de xuventude en ledicia suposta.

Ao chegar á casa, se cadrara, preguntaríanos

As pertinentes preguntas consabidas.

A céa exacta e o televisión española,

Coa actuación do actor José Bódalo.

O coarto de estar estaba en silenzo,

Namentras o actor representaba o mellor que podía.

O   luns calquera dun neno vigués calquera

E xa todo en orde para ir ao colexio,

Libros dabondo, libretas cheas de letras e números,

Un Catecismo, literatura, gramática..

Día a día dabamos a lección ao pe da letra,

E cáseque faciamos carreiras para mirar

Cal de nós era o mellor puntuado.

Non había tempo que perder.

E o tempo ía pasado, as veces, lento

Mais cada día era diferente,

E coa sabedoría ao cen por cen posta

Houbo tantos días grises

Que o ceo era gris

O buscabas con forza inmensa

A luminosidade que non existía,

A desconfianza percibida,

Ou a solidariedade achegada,

Por mor de non ficar en pura soidade.

Certo sector da cidade de Vigo,

Estaba en carencia  absoluta,

Naquelos anos do esquenzo.

Campamentos de xitanos,

Cáseque na fronte da fábrica de Curbera,

Vivían penosamente

Perto da Igrexa do Sagardo Corazón,

Hoxe derrubada. Barrios de mariñeiros necesitados,

Vivindo en condicións de suma necesidade.

O Vigo necesitado, o Vigo mariñeiro e obreiro,

Os obreiros de Cabral, abafaban

Nos quentes fornos acesos das fábricas de porcelana fina,

O fumareda constante e o traballo duro

Carente de seguridade, a exoplotación máxima,

Carencia dun salario digno para a subsistencia cotía.

As mulleres traballadoras da conserva de peixe,

Enchían miserentamente as latas prateadas

Asteleiros construíndo un futuro dubidoso,

De barcos sen futuro e condeados

A un fondeo irremediable

Os mariñeiros de baixura e da altura,

O Berbés ateigado  de peixe fresco,

O subasta a outa voz e estricta

Ou aquel que viña nos buques conxeladores,

Pesqueiros da altura, frigórificos

Que atravesaan os mares afastados,

Os caladeoiros de Namibia,

Os barcos na distanza das Illas Comores

Arrumados no esquenzo nun peirao pantasma.

Pertiño da Casa Mar, industría do frío e peixe.

As Cordelerías Mar, sempre, fabricando redes

Ou aparellos similares ou cordas fortes.

A fortaleza extremosa de fortes galegos mariñeiros,

Expertos na pesca do arrastre,

O berro incerto ou decisivo,

A ganacia perfecta ou a perda total

O mundo dos Efectos Naváis.

Todo ficaba non moi lonxe da Casa do Mar de hoxe.

Balaídos, Zóa  Franca: Citroen en  constante movemento

Días  de forte folga nos asteleiros,

Namentras as forzas policiáis,

Abusaban de mameira contundente.

Non podías pregar un credo diferente,

Tiñamos que ratificar o poder dictatorial.

España emigrante de cara as terras de Baviera,

Poño por caso. Unha locomotora con luces

Trouxérame dende Windishesenbageng,

A miña querida Carme, deixando,

Cáseque toda a súa forza laboral,

Naquel país de Centro Europa,

Vivindo  a súa estadía alemana en barracóns

Para emigrantes, perfectos traballadores

Do traballo industrial  en cadea,

O berro do encargado,

Do xefe de producción,

Os aforros medraban nas Caixas de Aforros

Aquela Galicia emigrante dos anos sesenta,

A necesidade obrigrada o ter que levar

Algo á boca seca e deixar sentir a fame imposta.

Longas viaxes por tren de terceira clase,

Non exentos de dureza

Rumbo a Centro Europa,

Con esperanza dabondo,

Preguntas que non tiñan resposta concreta,

Laios e choros, estancia  longas,

Xiros postais con destino a Terra Querida,

Promesas escachadas o un laio mortal.

Mariñeiros galegos recorrendo o Mundo Enteiro,

En algún petroleiro ou barco de carga.

Amsterdam, Rotterdam, Lisbóa,

Barcelona, Leixoes..Sidney.

Vigo como calquera cidade galega,

Estaba pechado ao desenrolo intelectual libre.

A vida cotiá era como un dictado lido,

En tono autoriatrio. Nun sótano ledo

Da Rúa García Barbón, tiñamos

As festas entre amigos  e amigas,

Con cancións de Credence Clearwater Revival,

Iron Butterfly, Jimmy Hendrix, Janes Joplin.

Un bico era silencio e respeto sumo,

Namentras a man escapáse por antre

As roupas das mozas cun senso placenteiro,

E como un aplauso ao medo incorrecto.

Eran tempos de risa aberta,

De xuventude plena

De percorrer a Plaza de Compostela,

Cantando un  cantar ledo e desenfadado.

Habitamos aquel tempo que nos correpodeu,

Vivimos unha  dictatura tremenda,

E a apertura ao Mundo Ceibo,

E cantamos liberdade enteira,

Por todas la rúas viguesas,

No Mundo Gris,

No Mundo Mouro,

Os censores de profesión maldita,

Adicábase a quitar o que era normal,

Os libros ficaban cortados ou mal entendidos,

E os filmes non se proxectaban

Na súa plena lonxitude plena.

A vida era un filme cortado,

Proiectado ao que chamaban a moral pública,

O consentimento debido era un mandato constante.

Non podías seres, seres ben sabidos,

Socialista ou Comunista.

Aquel Vigo depurado non podía gozar

Da libertade plena, asignada a cada vigués,

Secuestrado polas súas ideas.

O movemento clerical estaba plenamente

Xunguido coa tremenda Dictadura.

Na Rúa do Príncipe, existía,

Unha cadéa perversa,

A pesares de seres no centro do vila.

Vigo pechou as portas a liberdade humana,

Xa sei que non somentes Vigo,

Mais falo da cidade do meu nacimento,

En tempos de triste carencia,

No que o aceite era adulterado,

E a xente morría como consecuencia,

Dun envelenenamento mortal,

O casos de alcoholes adulterados,

Era un fenómeno perverso.

Non importaban as consecuencias

Da salubridade consecuente.

En que Norte extraño podíase atopar,

O senso xusto e equitativo.

Preguntas fondas que non tiñan respostas,

O tempo da dictatura facíase longo,

A perversidade absoluta,

Todo parecía un sono increíble.

O despropósito continuo,

As ordes e bandos absurdos,

As verbas estériles desconectadas

Ao resto  dunha Europa que quería xunguirse.

O racismo continuo, o mono partido,

A perda de tempo  continúo,

A tortura tremenda por pedir íntegra liberdade.

O sufrimento dos presos políticos

O desconcertante dun sociedade incomprendida.

Camiñana polas rúas de Vigo,

Coas mans frías e  a frente sudoroso.

Tocaban as campanas da Colexiata,

O eco retumbaba polas paredes exteriores

Nas casas achegadas á Basílica,

A pedra estaba fría,

E  sobre os vidros apagados

Das fiestras grandes, caían bagóas de íntegra tristura.

As portas grandes e verdes pechadas,

O pensamento preso, absurdamente.

Todo era pedra fría e gris,

Un monumento á dureza e a rixidez constante.

                  VII

A   US  Navy, chegara a Vigo,

A aquel Vigo aberto

Ao Ocáeno Atlántico,

Ao traveso da súa Ría.

Enormes buques de guerra,

Botaron amarras e áncoras xigantes,

Ao borde dos peiraos macizos e pétreos.

As barras e estrelas boavan  dabondo ao vento da Ría de Vigo.

Mariñeiros americanos ateigaron as rúas vigueses,

E a policía militar americana

Tivo que por en circulación os seus Jeeps militares

Polas rúas da cidade invadida.

Mariñeiros que tocaban terra galega,

Beberon en todo  a abundancia posible,

E visitaron  os cabarets correspontes.

Montóuse unha liorta grande

E o máis estricto orde militar ianqui

Ímpúxose estrictamente en movemente.

Todo voltou a rutina, de sempre, constante.

As verdes follas do laranxeiros,

Durmían un sono constante,

Es as grandes laranxas esféricas

Facían as arbres das rúas máis fermosos.

As farolas grosas e da cor prateda,

Cun globo querendo facer de caperucho chama,

Durmían un soño vertical diurno.

Na beirarúa da Metalúrxica,

Atraveso dun cristal esmeril.

Podía mirar lóstregos azuis,

De unha  soldadora posta ao duro traballo,

Saltaban, tamén chispas brilantes,

Fogonazos de lus vivinte.

Eran os obreiros da Metalúrxica

Con mono azul e letras bermellas.

Non moi lonxe estaba A Barxa,

A cervexa A Estrela Branca,

Outra  factoría situada,

Non moi lonxe do Centro da vila.

Os días eran monótonos

E parecía que o tempo estaba quieto.

A radio sempre utilizaba discursos semellantes,

Namentras as nais amadas

Escoitaban as novelas tremendas.

A lus estaba queda,  a atmósfera era estrana,

E viviamos  anos propia miseria intelectual,

De pensamento bloqueado.

A cidade tiña coma unha muralla invisible,

Que non deixaba penetrar as ideas,

O sentir da liberdade roubada.

Os sentimentos de rabia e impotencia,

Eran parámetros normais da cotidianidade.

Ben dixo o gran Celso Emilio Ferreiro,

Todo foi un grande Noite de Pedra,

Despóis Suso Vaamonde subíase as queridos escearios

Para cantar as verdades craras,

Coa súa voz tan grave, forte e potente.

Eu cando te escoitaba cantar, Suso,

Chegábame a min un grande respecto

Polo que representabas e transmitías.

Todos tivemos un cachiño de complicidade,

Para contribuir ao Mundo Ceibo.

, Marisa, Xan Carlos, Alberto,

E máis eu, dirixidos por Manolo Camba,

Montaramos unha obra de Jorge Díaz,

Co Grupo de Teatro Independente,

Máscara 17.

Entre tódolos Grupos de Teatro Independente,

Trouxemos a  El Joglars,

No pavillón polideportivo de As Travesas,

No que un día actuaron,

Mikhis Theodorakis, Melyna Mercury,

Joan Baez, Georges Moustaky.

Era o intre de Teatro Tábano,

O anfiteatro  de  Castrelos ateigado,

Deesanso este pasado que bate con forza

No mundo da memoria latente.

Quizáves volte outro día calquera.

Quen sabe!

                Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: