Caderno de apuntes de PepeR

Inversión da verdade: mentira

Posted on: 08/05/2009

Pontevedra, ao 8 de maio de 2009.

INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA.

No fondo dos teus ollos fondos,
Sospeitaba unha mirada acesa,
Dun certo desprezo singular
A un ser semellente.
Sentín pena fonda!
Preguntéime logo,
Porque así me mirabas,
Pensei que odio non existía.
Guindácheme palabras duras,
Perdiche o senso humano,
E me preguntei quen defenderá,
As túas ideas extrañas.
Porque te separache do verbo amar,
Amar,día a día, afrontar a verdade,
Non soporto a mentira sublime,
Que contradicción perversa!
Que traizóa a verdade querida.
Amarga teño a boca,
O pensamento libre,
Afeito miserento e inexistente,
Como se non fora o que era,
Mais atacan polo baixo,
Secan as fontes da auga clara,
Teñen a mirada seca,
E os beizos tensos
Coma fío de tanza tirante.
E cando se quere construir,
O verdade enteira,
Un acto benefector,
Voces vociferan tremendamenta.
Como facer e construir,
A verdade, necesario,
Como facer do mundo cotiá,
Un lagar non extraño e habitable.
Se acaso deíxame ser un ser ceibo,
Non afeito a estructuras matemáticas,
A ciencia de facer o ilóxico, lóxico.
Como cubrir as palabras perversas,
Como xerar o feito de construir,
Traballando libre, correcto,
E conciso. Non me fales,
Dos contos inexistentes,
E non me digas as habitúais mentiras.
Dame anacos de verdade enteira,
Contrúe, a conciencia o mundo verdadeiro.
Non valen invencións inútiles,
Fora de lugar, amárrate ao hoxe,
Non fiques ancorado nun inexistante pasado.
Xa pasóu, amigo, xa pasou,
Ergue a túa pesada áncora,
Vente ao tempo de agora,
Alimenta o teu corazón sabio,
Sabedoría recibida do mundo alleo.
Habita en tí, non sexas,
O que non eres.
Habitáte na máis pura dimensión humana.
Abre o teu corazón ao mundo exterior,
Recoñece os erros, a miudo,
E acertos, de cotío.

Miguel Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: