Archive for Marzo 2009
11 marzo 2009… In memoriam
Posted 11/03/2009
on:Pontevedra, ao 11 de marzo de 2009.
11 MARZO 2009..IN MEMORIAM
Chámame esta data triste e tremenda,
Chámame a destrucción iñocente da xente traballadora,
Chámame a mañá horrible, chámama a impotencia
Tremenda, o laio espantoso, o estourido homicida.
Era unha mañá horrible da perda absoluta,
De xente de noso país e cidadans estranxeiros.
A door espantosa poido coa paz dos iñocentes,
Habitantes da cidade ían aos seus traballos cotías,
En poucos segundos “todo” se afixo, a “nada”,
Ao medo espantoso a suma impotencia.
Berros da door máis tremenda,
Bágoas de sangue quente,
Pérda de todos e todas nun só estourido,
E agora somentes ficoume unha door mortífera,
A amargura constante a recuperación irrecuperable.
De que valen as bonitas palabras,
De que me valen as vosas liortas absurdas,
Se non estades xunguidos,
É que non respetades o seu eterno silenzo,
Silenzo diario, coarto valeiro e unha cama deserta,
O e día anterior ao tremendo día once de marzo
Do ano inesquencible de dous mil catro,
Xa non a podo mirar, teño unha gran door interna
Unha mestura de impotencia e rabia,
A sumisión constante a tan tremenda tolemia,
Xa non voltarán a habitar os seus corpos valeiros,
Porque xa non viven neste mundo tremendo.
Como explicarche o meu derrame constante
Das bágoas doorosas, que non perdóan,
Que non perdóan, que non.
Que tremendo día, que tristura me abraza,
Vaia o meu pequeno homaxe,
A vós que soportades o tremendo sufrimento.
Por mor dos donos de tan suma tolemia.
Uns días antes de que floreceran
As flores primaverais.
Triste flores, de apagadas coores,
Marzo triste, condéa aos seres iñocentes.
Como explicar, en tan pouco espazo escrito
O sufriminto soportado e non superado.
Miguel Dubois
Insolidaridade social
Posted 10/03/2009
on:Pontevedra, ao 10 de marzo de 2009.
INSOLIDARIEDADE SOCIAL.
Habito sendo o que eu son,
Habito nas palabras pronunciadas,
Cargadas de verdade suma.
Habito na escritura profunda dos meus versos,
Cachos do que eu son, espazos escritos de meu.
Habito na rotura profunda da liberdade roubada.
Condeo o que rompe o equilibrio xusto,
Habito no máis fondo do teu pensamento libre.
Van roubando espazos de liberdade aberta,
A cambio de mentiras sotiles,
Por mor á rotura do equilibrio da balanza,
Que rompe o máis puro sentido xusto,
Xustiza derrubada,
Por mor do movemento manipulativo,
Namentras, sen real solución social,
O miserento está queimado
Polos camiños falsos da vida
Na rúa, un fardo humán,
Despoxo e rexeite de todos,
Cuberto cunha manta rota ,
Durme sabendo que non existe,
Para vivir, de certo.
Polo día extende a súa petitoria man,
Mancada e cicatrizada,
E nun recipente plastificado,
Van caíndo unhas tristes moédas.
El habita e non habita,
Vive sen vivir,
Ela perde o seu rumbo exacto,
Vai perdendo o senso vital,
Antre denuncia e denuncia,
Ai vida que non tes sentido,
Cando o barco non leva rumbo fixo!
E vai camiño dun naufraxio innecesario.
Supervivintes dos Mares Mouros
Comercio inxusto,
Das noite miserentas
Ateigadas de tremendo fracaso vital e humán.
Totalmente fóra da limtitación do cálculo exacto.
Habito por habitar,
Habito por non vivir
Na perversidade,
Do máis puro esquenzo humano.
Sentado no borde dunha escada
Nunha aceira dunha cidade perdida.
Non sei onde habito,
Mais non vivo,
Porque non sei onde vivo.
Habito a vida e non deixo vivila,
Son un fardo humano, teño vida,
De cabelos despenteados
Está a miña teta cuberta,
E longa barba desarranxada,
Cobre parte da miña faciana
Se fora o caso masculino.
Nas camas quentes,
Din que xa no men queren,
Habito na miña prisión interna.
Din que somos febles,
Din que din, din e don,
Pero nada fan por nós,
Habitantes miserentos
Habito sin habitar.
O medo fondo e profundo
Para deixalo enteiro espido
De si mesmo,
E convertilo e valente existencia,
Procuro que no me invada.
Habito na metaformose vital,
No mundo da máis pura contradicción,
Mais a pesares deste Mundo Insoidario,
No que o verbo amar,
É unha acción luxosa,
Fico admirado dos tremendos constrastes,
Existentes antre o político manipulador,
O cidadán corrente,
A diversidade constante,
E aquel que ten por teito,
A noite fría e o desalento.
Habito no Mundo Inxusto,
Sálvese que poida!
Mesaxe contrasolidaria.
Miguel Dubois
E chegará a primavera
Posted 10/03/2009
on:Pontevedra, ao 1o de marzo de 2009.
E CHEGARÁ A PRIMAVERA
Asulágama con palabras de amar,
Miráme coa intensa dozura dos teus ollos lindos.
Fálame esta linguaxe fonda e amarosa,
Amamos fondamente á vida enteira,
Afrontamos valentemente os problemas vitáis.
Meu amor, mon me invade o medo perverso.
Camiño tranquilo polos camiños da vida,
E sempre miro para diante.
No me intersan os instintos perversos,
Aqueles que magóan a linguaxe do corazón interno,
Sempre, debo, usar o verbo incluir,
Aquel que abrangue a plenitute
Da inclusión sen razón de cor, sexo ou raza.
Amo fondamente a diversidade cultural,
Non existen en min fronteiras divisorias
Que rexeiten o maravilloso arte de amar,
Na plenitude do que somos,
Seres humanos diversos,
Amantes da vida enteira,
Rexeitadores dos que rexeitan
O Mundo Libre,
Rexeito aquel que condéa,
perversamente,
Porque no seu fondo interior
Non se quere asemesmo.
Os xardíns están ateigados de fermosas flores.
A lus penetrante da primavera polímetra,
Me dí que o mundo enteiro
É un gran estourido
De fonda luminosidade.
As portas da luz forte,
Ateigan un ambente ledo e diverso,
Porque vou avazando na miña vida,
As veces, có paso cansado
E cargado dunha fonda tristura,
Máis me ergo con toda a miña enerxía,
Có poder da superación,
Que me é entregado gratuitamente,
Porque son un ser libre,
Son coma un paxaro ceibo,
Que nun día tremendo,
Quixeron irreverentemente ferir,
Máis curadas as feridas doorosas,
Camiño ao Mundo Ceibo,
Sen ataduras absurdas,
Que me impidan
O meu desenrolo persoal.
A traveso da práctica
Da libertade continúa,
Non hai máis preso,
Que o que se prende asi mesmo,
Porque ten un medo tremendo,
A que se lle sexa concedida
A lilberdade total.
Mágoa!
Miguel Dubois
Tiven que decirvos… adeus
Posted 07/03/2009
on:Pontevedra, ao 7 de marzo de 2009.
TIVEN QUE DECIRVOS… ADEUS.
IM MEMORIAM… CARMEN DE ROSA
A door tremenda habitaba dentro de nós,
Aínda habitantes deste mundo vivinte,
Intres de impotencia ante nada poder facer.
O deserto da vida vivida, a nada, integridade atemporal.
O abandono da estancia espacial,
No habitáculo vital, do mundo habitable,
Meu corpo acompañante do meu ser físico,
De que xeito poder contar cantas experiencias vividas.
Canta vida entregada a todos aqueles que tanto quixen.
Que suprema adoración a miña Terra Querida,
O miña pequena aldea, un mundo máxico e fantástico.
Que luxo de tempo vivido pertiño da Ría de Vila do Mar.
Miraba coma se fora unha Illa Máxica,
A Illa de Rei Deposto,
Lémbrome cando ti e máis eu,
Collíamos a pequena barca de remos pesados,
E ti vogabas e vogabas, sudando soños reáis
Abertos ao mundo lumínico,
Coa forza suprema dos teus fortes brazos espidos,
E fitabas en min un sorriso delicioso.
Deixabas varada na pequena praia senlleira,
De branca area descasando a súa beleza limpa,
A pequena embarcación de forte madeira,
De carballo da Linda Terra Amada,
E os dóus na Illa do Rei Esquncido, faciamos de dous corpos
Xunguidos nun só bordeados das nosas continúas apertas
O símbolo do noso amor constante.
A mirada das outas arbres faciánme soñar,
Nun mundo fantástico no que a tí me entragaba enteiro.
Tardes de amor fondo na soidade da Illa do Rei Esquencido.
Rechouchío máxico de músicas lindas e amarelas,
Paxariño lino dun serán ateigado de quente fermosura,
Canto tempo contemplando o verbo máis amado,
Quererte no cumio perfecto do verbo amar,
Sentir a fermosura linda vila de Porto Peirao, mariñeiro,
Mundo de polígonos acúaticos de ameixa fina.
Manxares deliciosos salgados de auga mariña,
E o Sol quentaba en días soleados e facían perfecta
A fisonomía da da beleza constante,
Desta Ría de Vila do Mar que enfeitízame,
Sen eu desexalo e querelo.
Somentes con mirala e aviscar,
A suprema beleza natural
En Aldea Linda, moito traballamos,
Cantas horas seguidas de sacho cavando,
O froito da terra traballada medrando,
E o carro das vacas marelas e lentas,
Era o noso medio de vida.
Cargabamos toda a nosa mercancía preciada,
Froito do noso traballo feito,
Camiño dun receptor que fora comprador
Do noso esforzo sudado de hora a hora,
De sol a sol. Trasego forza e desespernza.
Eran duros os momentos,
Non era o preciso instante dos laios perdidos,
Nos cumios das montañas achegadas
E traballamos tanto,
Tanto, tanto, tanto,
E fun parindo ó noso futuro,
Queridas criaturas benvidas ao mundo vital,
Que tempo tremendo, que dureza de feitos.
Fomos abrindo vieiros vivos no mundo duro e real
E o tempos pasaba. Eu cáseque non podía medir
O tempo de tódolos días, e outro.
Días de pranto irreverente,
Días de festa continúa,
E a ledicia saía pola boca dun cantante xove,
E no adro todos bailamos,
Os bailes que non se esquecen.
O Xan do Con Negro, tocaba
Punteiros de gaita galega,
Eu suspiraba fondo,
E dábame a sensación
De vivir no Mundo da Máxia Fantástica.
Abría os meus ollos e ti na miña fronte,
Meu amor querido,
E os meniños xa tiñan anos,
Non moitos cumplidos,
Pero algúns sí,
E marchabas ao monte Bravo,
E coa toda a túa suprema forza,
E o fío recén afiado da machada nova,
Corbaban enérxicamente,
Os verdes piñeiros.
O carro estaba cheo e pesado.
Avante vaca bé.
E o tempo, sen darnos de conta,
Ían sumando anos diferentes.
E todo cambiaba.
Iamos saíndo para avante,
Xa podiamos cáseque esquecer
O mundo pobre e miserento,
E traías á casa recén feito,
As ledicias do mundo moderno.
Uxío o primoxénito responsable,
Tiña un cabelo loiro lindo,
Xa ía Uxío mocear.
Entón, pensei, rapidamente en ti, meu amor.
Cando iamos a Illa do Rei Esquncido naqueles tempos
De vellos botes de remos pesados e lentos,
E os pailebotes atracados no de Peirao fermoso
de Porto Peirao
E logo pensei naquel amigo teu de Vilarián,
Chamado Manoel Antonio.
Tatiana xa tiña corpo de muller,
E xa comezaba a enamoralos mozos miróns,
Porque Tati, era unha linda flor
Do xardín vital, a delicia dun delirio real,
Alberte o máis novo,
Era o máis mimado,
A máis linda criatura vivinte,
Alberte, vivía antre o seu mundo máxico
E o mundo real, dóus mundos, totalmente,
Antagónicos.
O tempo afaciáse ao seu continúo paso.
Un día do verán fermoso,
Mirei a tristura definida.
No espazo da túa faciana
Faciana de cansanzo,
E có paso días da vida enteira
Dixechénos Adeus ao Mundo e a Nós,
Xa non podía pensar naquel abrazo amarrado,
Na Illa do Rei Deposto, meu amado.
Xa non había un fermoso bote
Mais ben un praia esquencida,
Un tempo deliciosa pasado.
Olvideime da miña identidade,
Don Mundo e dos demáis
Agora estamos os dóus xuntos
En amor, de novo e , en compañía absoluta,
Por tódolos tempos de tódolos tempos.
Miguel Dubois
Reflexión nouturno con temporal
Posted 05/03/2009
on:Pontevedra, ao 5 de marzo de 2009.
REFLEXIÓN NOUTURNO CON TEMPORAL
Noite peche e moura,
Corgo negro aulagado no escuro,
Noite do furacán ventoso,
O lobo ouvéa, constantemente,
Namentras penso na miña total impotencia
Ante a fortaleza da Nai Natureza,
Surtidora de ventos fortes,
Aire en movemento tremendo e desmesurado,
Tronadas tremendas,
Noite de intre luminosos,
Sustos contidos,
Lóstregos azúis.
Nai Natureza que o froito e alimento,
Dasnos ainda que o noso trato a Ti
É unha incorrección constante e perversa.
Planeta Azúi e fermoso,
Perdános a nosa constante iñoranza
No fondo da verdade secustrada.
Unha agreasión de cara ao Mundo Futuro.
A noite moura faime pensar,
Na tristura fonda que me habita,
Ante o mundo falso,
Que pretende habitar un deserto constante,
De amor continúo,
Corazóns secos e valeiros das fontes amorosos.
Do amor que habita, por sorte no meu interior íntimo,
Segredo gardadi de inocenza pura,
Que pretendo compartir cós meus seres semellentes,
Falando un idioma comprensible,
Facendo das linguas físicas desertos para insulto.
Porque non agarimar a palabra,
Porque non transmitir un anaquiño de paz, alomenos,
Porque non facer e construir un sociedade solidaria,
Porque, cando podemos, facer uso da risa verdadeira,
Da que se sinte que te aleda a túa vida,
Coma expresión facial aberta ao mundo da ledicia.
Modera a túa linguaxe pervesa,
Aquela que dóe e fae dano,
Dañe a man ou un bico ao irmán querido,
Ao condeado iñocente,
Condea a inxustiza,
Sentimento humán perverso,
Que espera o castigo correspontente, inxustamente,
Perdóa ao teu nemigo,
E en ton enérxico dille:
Basta xá! e mira pra avante,
Que a vida segue e o tempo non para,
Uns deixan seu vieiro vital,
Longa viaxe,
Para descanasar por tódolos tempos,
Despóis da seu longo combate coa vida.
Outros pola contra,
Miran a lús exterior,
Despóis de longo descanso.
A vida segue; ama construíndo
O amor cotiá.
Rexeita o inútil mundo do odio,
Unha consatante perda de tempo
Que dana o íntimo corazón,
E que fae que o ser humano
Perda o seu elemento máis importante,
A Serenidade Completa,
E con todas as novas forzas
Chegaremos ao límite temporal.
Miguel Dubois
Pontevedra, ao 3 de marzo de 2009.
TORPEZA E PERDA DA IDENTIDADE LINGÜÍSICA
De que xeito ímonos distanciando,
Do que somos e nos esquecemos,
Da nosa propia identidade propia,
Rexeitamos, pertinazmente,
Até a que o conseguimos,
Do noso amado idioma,
Fonte continua de escritores fantásticos,
Coma Álvaro Cunqueiro,
Que souberon crear a súas hestorias
Na máis linda dos idiomas falados.
De que certo absurdo a filosofía do tremendismo,
Vai creando mundos artifacias e aparentes,
Negando o legado cultual e fantástico,
Que nós deixaron grandes xenios literarios galegos.
Branda é a nosa fraca memoria e nosos intereses
Teñen un gran sentido pragmático e calculador,
Que derruban o parimonio da amada lingua galega.
Xa nos esquencemos daquela querida frase:
FALEMOS GALEGO, ou GALEGO NA ESCOLA.
Rosalía, Curros, Pondal; Manuel María, Uxío Novoneyra,
Lorenzo Varela, X. L. Méndez Ferrín, Vicente Risco,
Castelao, Manuel Cuña Novás, Manuel Lueiro Rey,
Antón Reixa,Antón Tovar Bovillo,
Bernardino Graña, Carlos Casares, Uxía, Pilocha,
María Manuela, Luis Emilio Batallán, Fuxan os Ventos, Suso
Vaamonde, Celso Emilio Ferreiro, Luar na Lubre, Milladoiro,
María Mariño, Antón Avilés, Xerardo Moscoso, Bibiano,
Benedicto, Rodrigo Romaní, Museo do Pobo Galego,
Manolo Rivas, Vieiros, Xerais, Galaxia, Emilio Cao,
Real Academia da Lingua Galega
Todo unha fonte constante de traballo cotiá
Creación da beleza na lingua da Amada Terra,
E co paso do tempo afundímonos
No máis puro esquecemento,
Da transmisión da palabra autóctona.
Patrimonio cultural no mundo da lusofonía,
Parecendo que pechámolas portas ao irmán portugués.
Ou ao irmá brasileiro,
Todo polo perda da identidade lingüística,
Dun sector dun pobo abstracto,
Que rexeita os seus signos de identidade,
Máis subliñantes e fermosos.
Un patrimonio cultural,
Que de seguir polos actuais roteiros,
Finicatará na demencia dun pobo desmemorizado.
Miguel Dubois