Uxío
Posted 22/03/2009
on:Pontevedra , ó 22 de marzo de 2009.
UXÍO
Sentirse ceibe, plenamente,
Non como un paxaro angaiolado
Cárcere interna,
Respostar a todo aquelo
Que te manten preso,
Romper as cadéas opresoras.
Sair da cela interior creada inxustamente,
Flor do desalento e do constante queixume.
Afrontar, valentamente, o mundo real,
Aínda que as respostas habidas
Non foran máis que absurdas temeridades,
O usar automatismos verbais autoxustificables,
Ser unha linguaxe atomática
Dun ser humano sen identidade real.
Son ceibo como o ar fresco do mencer frío.
E lavar a miña faciana no frío regato craro,
A beira dunha corredoira linda,
Antigo paso obrigado de carros de bois,
Cargados de traballo duro.
Non me rendo ante o feito absurdo.
Non me rendo ante o disparate programado.
Que doado é a fuxida dun mesmo,
E ser habitante parcial, unha parte,
Da integridade existente,
Deixando a inmadurez propia,
No eido alleo, aquel terreo
Que non me pertence.
Habito no que son, non o nego.
A vida dame os froitos do mal
E aquela dozura de froital maduro,
Que son os bons froitos do ben
Que non probo a miudo.
Non habito por facelo,
Habito para sentir o meu sentimento,
A miña vida propia compartida,
E movemento solidario e participativo.
Para habitar no mundo social correspondete.
Mundo de Universos plurais
Palabras que veñen
E palabras que van
Bicos traizoieros, os bicos malvados,
Que pasan malas facturas dabondo.
Pola contra e por ben máximo,
Apertas verdadeiras que enchen
E que se funden en dous corpos amados,
A dozura do amor envolvente.
O bafo quente do teu alento limpo.
O verbo querer, íntegro e supremo.
O verbo amar enteiro, abrangue.
Os seráns torpes e máis quedos
E os dous sentados no poio petreo,
Mirando a forza da lus solar,
A beleza da claridade,
A lus brillante a do raio luminoso
E o momevento das ondas do mar,
O barco saltimbanque, pesqueiro e vello,
Ateigado de lembranzas supostamente
Durmidas no mundo pasado
Que xa non voltará,
Pero, que as veces, cando eu estou soio,
E cando con o meu íntimo interior me atopo,
Emerxe a potente lembraza,
Daquela dorna mariñeira,
Que en días de infancia afastada
Me fixeron soñar que eu era un mariñeiro neno.
E leveba liñas de longa tanza
E con chumbos pesados dabondo,
Namentras o Sr. Uxío cando o prateado peixe,
Picaba me axudaba docemente
A subir a tan fermosa robaliza.
Uxío soríame fondamente,
E eu era un neno mariñeiro encantado,
Que vivía o meu conto real,
A bordo dunha dorna mariñeira.
A infancia enteira ficou,
No mundo de antes,
No século pasado.
Uxío nun serán triste,
Díxonos adeus,
Pechou os seus fermosos ollos azúis
Por sempre e tristemente.
Mais o sistema vital,
A continuidade temporal
Medrounos para outros.
O Mundo avanzaba,
Os meniños nacían,
E tantos outros como Uxío,
Fóronnos deixando,
A tristura enchía o noso corazón magoado,
Unha vez ergueito do mundo triste,
Tocaba retomar o viero vital,
Afrontar o mal valentemente,
Erguerse do golpe recibido.
Mirar de cara ao mundo futuro,
Mais afrontar o día a día.
Non todo significaba un mundo laiante.
A ledicia dounos o dereito merecido
A risa enteira coma representante
Do optimismo resultante.
Que ninguén nos retire,
O dereito a felicidade merecida
A pesar de tódolos pesares.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta