Toco a vida con ledicia
Posted 23/06/2008
on:Ardán, ó 23 de xuño de 2008.
TOCO A VIDA CON LEDICIA
Deixo o antigo nome,
Na lembranza espida de medo absurdo,
Sumo, sen parar anos enteiros da miña vida sentida.
Deduzco que non vivo por vivir,
Que non me laio polo son de vento da invernía.
Laio inútil, linguaxe iñorante
Ateigado de suma
iñoranza.
Fálame con humildade sentida,
Cura as túas feridas
Da dor inexistente.
Estás ferido, absurdamente ferido,
Do tremendo absurdo estás queimado.
Habitarei novos lugares,
retina sorpresiva do espectáculo británico,
Aprendréi con absoluta ledicia
A continuación do que xa é un día perdido
No mundo pretérito aprendín,
Na distanza irlandesa
Ou no achegamento galego,
Terra amada, querida Galicia enteira.
É certo que onte vintadous de xuño,
xa aberto o verán luminoso,
cumplín dous cincos xuntos,
máis dun século de vida habitada
No mundo de tódolos mundos habitados
E dos corazóns insolentes,
Que despentéan o vento Norte fermoso
Dun día de verán esquencido
No tempo de tódolos tempos habitados e senlleiros.
Tempo nulo, perda do tempo,
Coma recuperar as horas perdidas,
habitadas do máis fondo amor.
Como recupar os espazos mortos,
As oracións impersonales
E as oracións carentes de suxeto.
E vamos a cabalo de tódolos tempos,
De tempos malos, de pérda constante,
De tempos de suma ledicia,
No que o corazón enteiro,
É un agasallo de vida constante.
Mundo que eres mundo,
Mentira que vas a cabalo de pantasmas mouras.
Vida, que bela palabra,
Morte que fonda tristura admitida.
Non son habitante da mentira moura,
Gosto do mundo lumínico e colorista.
Por iso sinto que vivo a vida
Porque a vivo, fondamente.
A vida tócame e eu toco a vida,
E de xeito máxico a existencia
É un feito irremediable.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta