O día consistía en fondas emocións
Posted 21/09/2007
on:Pontevedra, ao 21 de setembro de 2007.
A vida vaise ergendo có paso da suma intacta dos temposvividos. Un día falaremos do vivido e marcharemos paseniñamente
O día consistía en fondas emocións
Habitada de ledicia intensa,
De medo absurdo e preto.
Un tempo, foise convertindo
Nunha total suma de horas parciais.
Eiquí estou a estas outuras desta vida,
Sen cumplir os soños que poideron ser reais.
A vida é coma unha novela singular
Ou unha verdade plural
De múltples capítulos,
Que ainda non remataron.
Capítulos ledos,
Sorrisos de meniños
Asulagados de bicos tenros e abrazos
Constantes. Amor de amores
A vida foron aqueles días tristes e pretos.
Nos que a negrura da noita fonda facía
Fondo asugalamento do meu interior
Valeiro e tremendo.
De que me val a palabra morta e valeira?
Cales serán as letras carregadas
De espranza constante e aberta ao mundo
Enteiro
E as verdades ocultas?
E a filosofía da miseria constante?
Ou do deixade ser e deixade facer
Anterga política gavacha ?
De que xeito soterraremos
A mentira que fire e que mata?
Cando falaremos coa verdade
Nos beizos?
Cando deixaremos de ser
O que nos non queremos ser
E ser perfectos actores mintiráns?
Busca a verdade inmesa,
A que enche dabondo.
Rexeito , totalmente, e de certo, a palabra
Miserenta.
Día a día vou construíndo
Un mundo diferente,
Facendo do absurdo
Un conxunto de verdades enteiras
No meio das néboas outonolas.
Cruzarei o parques ateigados
De follas castañas
E as arbres espidas.
Son o anunzamento
Do cambio climatolíco.
Mais as augas do Río Lérez,
Seguen quedas e verdes.
A bela paisaxe é diferente,
Pero ben sendo a mesma,
Con menos engadidos.
O corazón segue o seu constante latexo
Incansable.
E o testa fría pensa no que son,
No intre exacto,
Nas verbas perdidas de xeito absurdo.
A dia segue, e sego ateigado no
Pensamento activo.
Algúns soños fun perdendo
Polos camiños da vida,
Mais xamáis, nunca,perderei
A constante espranza,
Aquela que me invita
A sobrevivir o campo
Da verdade no día a día.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta